Friday 10 de May de 2024

A Xunta destaca o importante papel dos profesionais do dereito concursal nestes últimos anos


O director xeral de Xustiza, Juan José Martín participou hoxe no acto de apertura do IX Encontro de Profesionais do Dereito Concursal

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín destacou a importancia do papel dos profesionais do dereito concursal neste período de crise e incidiu a importancia da posta en marcha do Rexistro Público Concursal que se vai reforzar cos datos dos profesionais da administración concursal, a disposición de toda a xudicatura e coa xestión electrónica das liquidacións, do mesmo xeito que se implantou o sistema de poxas xudiciais electrónicas.

Juan José Martín participou hoxe no acto de apertura do IX Encontro de Profesionais do Dereito Concursal, no que destacou que as melloras baseadas na tecnoloxía son ben recibidas dende o goberno galego, que no últimos catro anos levou a cabo un esforzo investidor de ata 23 millóns de euros para mellorar os equipos e o software dos nosos xulgados, para dotalos de internet de alta capacidade e para crear a sede xudicial electrónica.

Un compromiso que, segundo relatou o director xeral continuará co segundo Plan Senda que presentamos este ano coa intención de culminar en 2020 coa implantación do expediente xudicial electrónico.